Web Site Maker

REGULAMENTO: DESAFÍO SAN MAMEDE 21/05/2017


1.-LUGAR:
Celebraráse o domingo 21 de maio de 2017, a saída terá lugar dende a praza onde está ubicado o centro social de Castro de Escuadro , dentro do Concello de Maceda (Ourense),

2.- HORARIO:
9:00 h para a modalidade CARREIRA
9:15 h para a modalidade ANDAINA

3.- CARACTERISTICAS DA PROBA
A proba de carreira de montaña ten unha distancia de 21 km., o seu punto máis alto é de 1613 metros e o máís baixo de 656 metros, cuns desniveis que chegan ata o 43 %.
Os participantes deberán ser conscientes que este tipo de evento deportivo está considerado como del “Alto Risco”.
A organización conta cun seguro de responsabilidade civil e seguro de accidentes.
A organización contará cun servizo médico e de ambulancia.

3.-INSCRICIÓNS:
Poderanse realizar dende as 00:00 horas do dia 3 de abril de 2017 ata as 23:59 do día 17 de maio de 2017. Non se realizarán inscricións o mesmo día da proba nin se admitirán inscricións posteriores ao remate do prazo de inscricións. As inscricións realizaranse:

1.- Online a través da pasarela de pago da páxina web:
https://championchipnorte.com/

2.- Presencial:
Cubrindo un formulario e facendo o pago o contado en calquera das direccions que se sinalan a continuación:

Tenda RUNMANIAK  de Ourense
Direccion: avenida Buenos Aires 17 (parque das mercedes), Ourense
Tf: 988613503

Concello de Maceda
Direccion: rua toural 2, 32700 Maceda
Tf: 988463001
No caso de que queira desistir da inscrición poderá facelo ata 8 días antes da proba, será devolto o 50% do valor da inscrición.
Os atletas poderán incribirse a título individual ou representando a clubs

4.- PREZO:
O importe da inscrición para as diferentes modalidades (ANDAINA e CARREIRA) será o seguinte:
3 ao 30 abril 2017 (para os pagos das cuotas de inscrición realizados entre ámbalas datas)
10 € para a modalidade ANDAINA
13 € para ós participantes FEDERADOS na FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑA na modalidade CARREIRA DE MONTAÑA
17 € para ós participantes NON FEDERADOS
1 ao 17 maio 2017 (para os pagos das cuotas de inscrición realizados entre ámbalas datas)
10 € para a modalidade ANDAINA
16 € para ós participantes FEDERADOS na FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑA namodalidade CARREIRA DE MONTAÑA
20 € para ós participantes NON FEDERADOS

5.- NORMAS
O evento rexirase según o regulamento de Carreiras por Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (Consultar en www.fedme.es) e seguindo as seguintes normas:

a) No poden participar menores de 16 anos na modalidade de carreira e menores de 14 anos na modalidade andaina a data na que se celebra o evento (21 de maio de 2017).

b) Os participantes deberán informar a organización se ten algún tipo de enfermidade ou dolencia.

c) Será motivo de descalificación:
• Non pasar por todos os controis de paso.
• Recibir axuda externa fora dos lugares autorizados (ata uns 100m dos avituallamentos).
• Ensuciar e degradar o itinerario (é obligatorio que cada corredor leve os seus propios desperdicios e deixalos nos lugares sinalizados pola organización).
• O dorsal levarase sempre visible durante toda a proba, no peito.
• Non prestar auxilio a cualquiera participante que sufra algún accidente e informar no control máis cercano.
• No se pode obstaculizar voluntariamente a outro corredor.
• Os participantes obedecerán as instruccións dos membros da organización e dos controis de paso.

d) É obligatorio avisar nun control ou a un membro da organización do abandono e entrega do correspondente dorsal.

e) O mal tempo non é obstáculo para a celebración da proba, salvo no caso de que as condicións climatolóxicas sexan moi adversas, a organización habilitará un percorrido alternativo para garantir a seguridade dos participantes no evento.

f) A organización reservase o dereito a realizalas modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba si as condicións meteorolóxicas o obrigan, ou por algunha causa de forza maior.

g) A organización prevé uns tempos de paso e corte en determinados controis e un tempo máximo para a CARREIRA DE MONTAÑA: KM. 7 ( 1 h. 5o min.) e KM 14 ( 3h. 15 min.) e un tempo máximo de 5 horas para completar a totalidade do percorrido.

h) O final da proba pode haber control antidoping.

i) A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, lesión ou neglixencia, así como dos obxectos de cada participante. Os participantes exoneran a organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión.

j) Os corredores deberán ter as condicións físicas requeridas para a distancia e a dureza do itinerario. Levarán a indumentaria e o calzado axeitados para a modalidade deportiva na que se inscriban.

k) A cota de inscrición dará dereito a participar na proba, seguro de accidentes, bolsa do corredor, avituallamentos, gardaroupa, duchas, comida postcarreira e participar no sorteo de cantos agasallos consiga a organización.

l) En todo o que non se contemple neste regulamento, a proba regularase polo disposto nos reglamentos da Federación de Montaña de Galicia e da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME).

6.- AVITUALLAMENTOS
A distribución dos avituallamentos será a seguinte:
1. CARREIRA (TRAIL): km 6 (líquido), 7.5 (líquido e sólido), 10 (líquido e sólido) e 15 (líquido e sólido) e 19 (liquido)
2. ANDAINA: km 6 (líquido e solido), 9.5 (líquido)

7.-PREMIOS
a) Na modalidade Carreira, entregaranse trofeos conmemorativos os tres primeiros/as clasificados/as das seguintes categorías:
Absoluta: os 3 primeiros/as clasificados/as na proba.
Mellor atleta local.
O participante ou a participante mais veterán na proba.
Na modalidade de CARREIRA DE MONTAÑA, a efectos da Copa Galega de Carreiras por Montaña, os participantes estarán ao disposto ou recollido no regulamento de competición das carreiras por Montaña da FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO.
b) A proba conta cun “premio especial” para o corredor/a que chegue primeiro o Alto de San Mamede.
c) A modalidade ANDAINA non ten carácter competitivo.

8.- DEREITOS DE IMAXE
A aceptación e inscripción na proba, e polo tanto do presente regulamento, implica que o participante autoriza á organización DESAFIO SANMAMEDE á grabación total ou parcial da súa participación na mesma, presta o seu consentimento para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba de todas as formas posibles (radio, prensa, vídeo, foto, DVD, Internet, carteis, medios de comunicación, etc.), e cede os dereitos relativos á explotación comercial e publicitaria que a organización considere oportuno executar...
A organización de DESAFIO SANMAMEDE garante o pleno cumprimento da normativa de protección de datos de carácter persoal, e así o inscrito queda informado a través deste regulamento e presta o seu consentimento á incorporación dos seus datos aos ficheros automatizados existentes e ao tratamento dos mesmos para a súa utilización en relación con xestións administrativas, comerciais e outras actividades propias da organización a Asociacion Cultural e Deportiva Via XVIII Maceda, o titular dos datos terá dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición nos términos previstos na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal
Todo corredor debe coñecer e respetar o regulamento da proba. A inscrición implica cumprimento deste Regulamento.

9.- DESAFIO SAN MAMEDE SOLIDARIO
Un ano mais este evento ten un lado solidario que nos define, este ano decidimos aportar o 20 % da recaudación das inscricicions o seguinte proxecto promovido pola ASAMBLEA COMARCAL DE CRUZ VERMELLA DE MACEDA.

Programa: Loita contra a pobreza e a exclusión
Colectivo: Persoas afectadas pola crisis socioeconómica en xeral (ingresos menores a 500€/mes) en particular.

Maiores con Responsabilidades familiares (maiores de 65 con fillos e netos a cargo, máis de 2 membros na unidade familiar)
Persoas de familias con todolos membros en paro (ingresos menores a 500€/mes)
Parados longa duración (mái de 1 ano en desemprego)
Persoas sin Fogar

10.- COMPORTAMENTO DOS PARTICIPANTES NAS DIFERENTES PROBAS.

Os participantes que se inscriban en calquera das probas CARREIRA e ANDAINA non poderán tomar a saída acompañados de animais.

Os participantes que tomen saída na modalidade ANDAINA deberán saber que nalgun momento do percorrido se van a atopar cos corredores, os cales lle deben facilitar o paso na medida do posible para evitar accidentes ou caídas.